PREMIOS MUJER 2024

Xacio Baño elixe o Lauro Olmo para a preestrea do seu filme ‘Trote’

O propio director estará no Teatro Lauro Olmo para presentar o filme aos asistentes, e ao termo da proxección farase un coloquio

O Barco será escenario este próximo xoves da preestrea do filme “Trote”, película de Xacio Baño que será estreada no resto de España o día 14 de decembro. O propio director estará no Teatro Lauro Olmo para presentar o filme aos asistentes, e ao termo da proxección farase un coloquio. Será ás 20,30 horas.

O filme conta a historia de Carme, unha filla de… e irmá de…… que vive nunha aldea das montañas do interior de Galicia xunto ao seu pai, Ramón, con quen case non se comunica, e a súa nai enferma. Traballa nunha panadería e necesita escapar dese ambiente opresivo, pero as circunstancias sempre lle impediron dar o paso. Trotar. Fuxir.

Para a fin de semana hai previstas máis proxeccións deste filme: o sábado 15 ás 19,30 e 22,30 horas, o domingo día 16 ás 19,30 horas, e o luns día 17 ás 20,45 horas.

En canto á programación infantil, o filme desta semana é “Pesadillas 2, Noche de Halloween”. Poderá verse os días 15 e 16 (sábado e domingo), ás 17,00 horas.