Tras o parón da programación teatral dos últimos meses, este venres retómase a actividade no Lauro Olmo, coa novidade de que todas as funcións comezarán ás 20,00 horas, para garantir que todos os espectadores podan cumprir co toque de queda establecido por mor da situación sanitaria.
Na programación prevista para os próximos tres meses haberá dúas función para o público infantil e familiar, e o resto diríxense aos adultos.
Este venres, reiniciase a activade coa obra “Celestina la tragiclownmedia”, da compañía “La Escalera de tijera”, e seguirá os días 19 de marzo (Elefante Elegante presenta “Dreaming Juliet”, e 26 de marzo (Pérez e Fernández coa obra “Os nenos da varíola”). En abril haberá dúas representacións. O día 9, “Butacazero” presenta “32m2”, e o 23 de abril, para todos os públicos, o artista local Magín Blanco ofrecerá “A nena e o grilo máis aló”.
Para maio hai previstas tres obras máis. O día 14, “P.T. Excéntricas” pon en escena “Estrela do día”. O 21 de maio, para todos os públicos, poderá verse a obra “Don Gaiferos”, de “Os Monicreques de Kukas”, e o 28 de maio péchase este ciclo con “Sarabela Teatro”, que porá en escena “A lingua das bolboretas”.
Para este programa está establecido un aforo máximo de 70 localidades, con distancia, uso obrigado de máscara, e utilización de xel ao entrar. O despacho de billetes abrirase unha hora antes no propio teatro, e hai venda anticipada en Ton y Son