PREMIOS MUJER 2024

Viaxe para ver ’33, el Musical’ que protagoniza o actor barquese Christian Escuredo

Será o sábado 6 de abril, sempre que se cubran as 50 prazas dispoñibles. O prezo da excursión é de 69 euros (viaxe, comida e entrada)

As persoas interesadas deberán poñerse en contacto co Servizo de Cultura no teléfono 988320053 ou por correo electrónico (cultura@concellodobarco.org) ata as 12h do martes 2 de abril, onde se lles facilitará unha conta para ingresar o importe da reserva.

Os 69 euros inclúen a viaxe ida e volta en autocar, o xantar e a entrada en platea lateral na función das 17 horas no Espacio 33 – Ifema – Madrid.

O autocar sairía do Barco ás 9 horas (praza do Concello) pararía en Arévalo para o xantar, chegando ao Espacio 33 de Ifema para entrar á función das 17 horas. O espectáculo ten unha duración de 3 horas, ao finalizar emprenderíase a viaxe de volta ao Barco.

“33, el musical” foi estreado en novembro de 2018 e conta como, a pesar dos consellos da súa nai, Jesús, un carpinteiro de Nazaret, decide ir a Xerusalén impulsado pola ilusión de levar a mellor das noticias.

Acompañado de grupo de seguidores e esquivando a un demo sofisticado e perigosamente sedutor, chega a unha cidade decadente que lle recibe como unha auténtica revolución. A súa mensaxe e os seus comportamentos provocan tanto a admiración como o maior dos rexeitamentos. E iso iralle levando a un desenlace terrible que terminará con toda a súa utopía nunha escura traxedia.

Pero e se a historia non se acabase aquí…? 33, un musical que cambiará a visión do mundo cunha mensaxe de amor.

Máis información do espectáculo en https://www.33elmusical.es