PREMIOS MUJER 2024

Versión Valdeorras achega á rede filmes da comarca durante o confinamento

Sempre Xonxa, Santoalla ou Pradolongo fan parte desta iniciativa

Sempre Xonxa, Santoalla, Pradolongo, Os Fillos da vide, Lobos sucios ou Espírito Abertal son algúns dos filmes que fan parte do novo festival virtual Versión Valdeorras. Desde o pasado 9 de abril esta iniciativa de cineastas da zona está a publicar na rede ata un total de doce filmes en tres quendas. Á inicial, entre nove e 12 de abril, seguirán outras dúas previstas para os días 16 a 19 do mes e unha última entre o 23 e o 24. A maior parte dos filmes fica dispoñible en aberto durante unha semana, aínda que algúns só poderán verse nas 48 horas seguintes á súa estrea.

 

Mais información:

https://versionvaldeorras.com/