Tres días de entroido no Barco de Valdeorras

As actividades organizadas pola Concellería de Cultura comezarán o luns, 12 de febreiro, co baile e o concurso de disfraces para nenos
Desfile de entroido no Barco de Valdeorras
Desfile de entroido no Barco de Valdeorras. / Concello do Barco

As actividades do entroido no Barco de Valdeorras, organizadas pola Concellería de Cultura, comezarán o luns, 12 de febreiro, co baile e o concurso de disfraces para nenos que se celebrará ás 17.30 horas no Pavillón Vello. Haberá animación musical a cargo de Peque Disco Moc e do DJ Mere Clown.

O desfile de comparsas de entroido, que como cada ano se celebra o Martes de Entroido (13 de febreiro), terá lugar a partir das 17.30 horas, con saída fronte ao Hospital Comarcal e remate na Praza Maior, coa animación musical da batucada Bate no cobre. Ao finalizar o desfile, celebrarase un baile na Praza Maior, amenizado por Disco Móbil Boa Festa.

O mércores 14 de febreiro celebrarse o enterro da sardiña, coa colaboración do grupo de teatro Gargallada. Será a partir das 20.30 horas na praza Maior e rúas do Casco Vello, e ao rematar haberá pan e chourizos para todos os participantes.

Desfile de comparsas de entroido no Barco

As inscricións das comparsas para participar no desfile poderán realizarse entre o 26 de xaneiro e o 9 de febreiro nas oficinas de AEVA no Barco, e as normas de participación son as seguintes:

  1. Poderán participar comparsas de 10 ou máis persoas.
  2. As comparsas deberán tomar parte, en todo o seu percorrido, do desfile que terá lugar o martes día 13 de febreiro de 2024 a partir das 17:30 horas e que, partindo da avenida Conde de Fenosa, percorrerá varias rúas do Barco rematando na praza Maior.
  3. Deberán inscribirse ata as 14 horas do día 09 de febreiro de 2024 nas oficinas da Asociación de empresarios de Valdeorras (AEVA) situadas na rúa España número 1 do Barco.
  4. Na inscrición deberán constar os seguintes datos:
    – Nome e apelidos, DNI, e-mail, teléfono e sinatura da persoa que fai a inscrición.
    – Nome da comparsa e número compoñentes da mesma.
  5. Cada comparsa inscrita deberá levar en lugar visible o seu número de inscrición, no momento do desfile, para facilitar a súa identificación.
  6. O xurado encargarase de comprobar en varios puntos do percorrido que os datos contidos na inscrición se axustan á realidade.
  7. Establécense os seguintes premios:
    – comparsas de 10 e 20 persoas 150 euros.
    – comparsas de 21 a 30 persoas 250 euros.
    – comparsas de 31 a 40 persoas 295 euros.
    – comparas de 41 persoas en diante 350 euros.
  8. Os premios pagaránselle aos representantes de cada comparsa (persoas que teñan feito a inscrición) ao finalizar o desfile, previa identificación coa presentación do DNI.
  9. A participación no concurso supón a aceptación das presentes normas.

Cartel Entroido O Barco 2024