Un ano máis o Entroido convida a saír ás rúas co mellor humor, disposición á sátira, ao grotesco e ao irreverente. Uns días para deixar que a imaxinación e a troula tomen protagonismo. As comparsas están convocadas ao desfile do Martes (17h30) con premios á participación.
Para participar no concurso as comparsas que tomen parte no desfile do martes, 5 de marzo, deberán inscribirse antes das 14 horas do venres 1 de marzo, nas oficinas da Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA) na praza do Concello, onde lles facilitarán un impreso a tal efecto.
Os premios á participación serán segundo o número de membros de cada comparsa: De 10 a 20 (150 euros), de 21 a 30 (200 euros), de 31 a 40 (250 euros) e de 41 en diante (295 euros).
Este é o programa:
Luns 4 marzo. 17h. Pavillón Vello. Festa infantil con baile de disfraces, karaoke e actuación do mago Javier Muro.
Martes 5 marzo. 17h30. Entre a Avenida Conde de Fenosa (á altura do Hospital Comarcal) e a praza Maior, Desfile de comparsas. Ao finalizar baile na praza Maior amenizado por Boa Festa.
Mércores 6 marzo. 20h30. Na praza Maior e polas rúas da Zona Vella. Enterro da sardiña.
Entre os días 28 de febreiro e 9 de marzo celebraranse en varios restaurantes as XX Xornadas Gastronómicas do Entroido que organizan AEVA (Asociación de Empresarios de Valdeorras) e o Centro Comercial Aberto.