PREMIOS MUJER 2024

Queredes ir nas carrozas dos Reis Magos?

Ábrese un prazo para a inscrición de nenos ou adultos que queiran tomar parte na comitiva dos Reis Magos, durante a cabalgata que percorrerá as rúas do Barco o 5 de xaneiro de 2019 a partir das 17 horas

Os interesados poderán facer a inscrición ata as 13 horas do día 29 de decembro a través deste formulario presencialmente na Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán (rúa Academia Dequidt, 6 baixo) de luns a venres de 11 a 13 horas e de 16 a 20 horas, os sábados de 11 a 13 horas.

A inscrición farase nun dos seguintes grupos:

GRUPO A.- Admitiranse 30 nenos (10 por cada unha das tres carrozas) de idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos.

GRUPO B.- Estará formado por 36 nenos e xoves entre 11 e 17 anos ou persoas adultas, doce por cada unha das tres carrozas.

En todos os casos será respectada a orde de inscrición e os menores deberán ser autorizados por escrito polos seus pais ou titores.

Os inscritos no grupo B deberán presentarse no Teatro Lauro Olmo o día 5 de xaneiro ás 16 horas. Deberán levar zapatos escuros, nunca deportivos.

Os inscritos no grupo A estarán na Estación de Autobuses o día 5 de xaneiro ás 17 horas, onde se lles dará uns petos que deberán devolver ao finalizar a Cabalgata. Deberán ir vestidos de escuro, negro ou azul mariño preferiblemente.