PREMIOS MUJER 2024

Proxecto Noee de Sarabela, teatro para público infantil e familiar

Está dirixido por Fina Calleja e interpretado por Fernando Dacosta, Sabela Gago e Elena Seijo. No TLO o venres 8 de febreiro ás 20h.

A obra está protragonizada por tres pingüíns que, ante o diluvio universal, só dispoñen de dous único boletos para a arca de Noé. Trátase dunha historia narrada cunha linguaxe sinxela e contundente na que se tocan cuestións como o valor da amizade e da conservación do planeta, que é coma unha gran arca que todos debemos de coidar; da convivencia, respectándose os uns aos outros e vivindo en paz; ou do pensamento crítico.

A representación forma parte da programación da Rede de Auditorios Provincial de Ourense.