PREMIOS MUJER 2024

O Consello Regulador fai entrega dos premios aos mellores brancos e tintos da Cata Oficial da Feira do Viño de Valdeorras

No certame participaron 19 adegas cun total de 38 referencias distintas
Premios da XXIV Cata Oficial da Feira do Viño de Valdeorras
Premios da XXIV Cata Oficial da Feira do Viño de Valdeorras. / DO Valdeorras

O Complexo Hostaleiro Paladium, emprazado en Vilamartín de Valdeorras, acolleu este venres o acto de entrega de premios da XXIV Cata Oficial da Feira do Viño de Valdeorras, no que participaron 19 adegas que presentaron a concurso 38 referencias, 18 brancas,10 tintas e 10 doutras añadas.

No decurso da súa intervención, o presidente do Consello Regulador da DO Valdeorras, José Ramón Rodríguez Castellanos, destacou que entre os membros do panel de cata que avaliou as referencias participaron este ano os xornalistas especializados que están a visitar a comarca con motivo da Feira do Viño. Rodríguez Castellanos sinalou que polo simple feito de participar e sacar adiante unha colleita todas as adegas deben xa considerarse “gañadoras” e reivindicou o acto de entrega dos premios como “unha festa dende o sector e para o sector”.

Adegas e viños distinguidos

Viños brancos

1º Premio- A Coroa Godello Produción Controlada de Adega A Coroa S.A.T.

2º Premio- Joaquín Rebodello Godello 2022 de Bodega Joaquín Rebolledo S.A.

3º Premio- Maruxa Godello 2022 de Virxe do Galir S.L.U.

Viños tintos

1º Premio- Cascanueces Mencía 2022 de Arnadoval S.L.

2º Premio- Sampayolo Mencía 2022 de Bodega Sampayolo S.L.

3º Premio- Joaquín Rebolledo Mencía 2022 de Bodega Joaquín Rebolledo S.A.

A mención especial para o mellor viño doutras añadas foi a parar ao Lagar do Cigur Crianza 2015 da Adega Melillas e Fillos S.L.