Os premios Baco distinguen a dez adegas da DO Valdeorras

As referencias vinícolas da comarca acadaron un Gran Baco de Ouro, seis Bacos de Ouro e catro Bacos de Prata
Premios Baco
Premios Baco. / DO Valdeorras

As bodegas do Consello Regulador da DO Valdeorras continúan sumando ao seu palmarés galardóns nas máis prestixiosas convocatorias de premios sectoriais do eido vinícola, tanto no ámbito nacional coma no internacional. Así, o xurado dos Premios Baco, organizados pola Unión Española de Catadores, que distinguen os mellores viños xóvenes de España, outorgou dez medallas a referencias da nosa comarca. Entre elas, destca o Gran Baco de Ouro obtido por A Coroa Godello, da Adega A Coroa.

Xunto a isto, outras seis referencias da DO Valdeorras foron distinguidas cun Baco de Ouro: Lagar do Cigur Godello da Adega Melillas e Fillos; Viñaredo Mencía e Viñaredo Godello de Bodegas Santa Marta; Quinta da Peza Godello e Quinta da Peza Mencía de Quinta da Peza; e Verdes Castros Godellos de Terriña.

Por último, tres viños obtiveron un Baco de Prata: Cepado Godello da Adega Cepado; D´Berna Godello de Guitián y Blanco; y Joaquín Rebolledo Godello de Joaquín Rebolledo.

Os galadróns Grandes Bacos de Ouro, Bacos de Ouro é Bacos de Prata son outrogados por 50 xurados, todos eles membros da Unión Española de Catadores, que avaliaron nunha estricta cata a cega a totalidade dos viños participantes. “Trátase de medallas de indiscutible valor promocional para os mejores viños xóvenes de España e estamos encantados de que unha decena das nosas referencias xoguen nesta liga”, destacou José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente do Consello Regulador da DO Valdeorras ao respecto das distincións obtidas polos viños da comarca nesta convcoatoria.