Baixo o título “Para que serve a poesía?”, e coa guía do actor galego José Barato, Será o venres, 11 de xaneiro, ás 21,00 horas. A máis destas pezas tamén apresentarase a re-edición dunha antoloxía de textos do poeta, acompañados dos galardoados no Primeiro Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriaràn. Este libriño entregarase aos asistentes á Gala, e despois seràn distribuídos entre os centros educativos e bibliotecas públicas da comarca.
Para concluír farase entrega dos premios aos alumnos/as de secundaria gañadores do certame “O Cinema de Florencio”.