O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, para o ano 2018, que contan cun orzamento de de 457.067 euros.
As axudas están destinadas a entidades sen ánimo de lucro para levar a cabo programas de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, na nosa comunidade. Están destinados a mulleres, en especial aquelas en situación de vulnerabilidade, vítimas de violencia de xénero e ás súas fillas e aos seus fillos, a mulleres mozas e mulleres que residen no ámbito rural.
As liñas que serán obxecto de axudas son, por unha banda, actuacións no ámbito da promoción da igualdade entre mulleres e homes, con programas que fomenten a igualdade real e efectiva, para lograr a eliminación de estereotipos de xénero que conducen a que as mulleres padezan unha situación de desvantaxe no eido laboral, social, persoal, económico, político e cultural. Esta liña conta cun orzamento de 227.444 euros e foron beneficiada 21 entidades.
Por outra banda, fináncianse accións de prevención e loita contra a violencia de xénero e apoio ás súas vítimas, cun orzamento de 229.622 euros, os programas de acollida e aloxamento que coadxuven na protección e seguridade das vítimas da violencia de xénero e das súas fillos e fillas, os programas de apoio e tratamento dirixidos especificamente a mulleres vítimas da violencia de xénero con outras problemáticas asociadas, principalmente toxicomanías e/ou enfermidade mental, incluído o aloxamento, aos grupos de mulleres vítimas da violencia de xénero especialmente vulnerables, como mozas e adolescentes, mulleres con discapacidade, mulleres maiores, mulleres que residen no medio rural, mulleres inmigrantes, e mulleres pertencentes a minorías étnicas, especialmente entre a mocidade e no ámbito rural. Nesta liña, contan con axudas un total de 19 entidades.