A Concellaría de Deportes do Barco organiza, un ano máis, a Carreira Popular do Turrón, que este 20 de decembro celebrará a súa XVII edición cun carácter solidario. O obxectivo principal do evento é a recollida de alimentos non perecedeiros, que serán entregados ao Banco de Alimentos.
As inscricións permanecerán abertas do 12 ao 19 de decembro e poderán realizarse de xeito presencial no segundo andar do Edificio Multiusos ou enviando un correo electrónico a deportes@concellodobarco.org. En ambos casos, os dorsais deberán recollerse tamén no segundo andar dese edificio.
A proba ofrece dúas modalidades: un percorrido infantil, que comezará ás 19.30 horas, e outro para adultos, con saída prevista para as 20.00 horas. Ademais, haberá premios para os participantes mellor disfrazados e, ao final da actividade, todos os inscritos poderán gozar dunha chocolatada e participar en sorteos de agasallos.
A Carreira Popular do Turrón é unha cita deportiva que combina exercicio, diversión e solidariedade, reafirmándose como un dos eventos máis esperados do Nadal no Barco.