O Concello quere por en marcha o proxecto “FLORES NO CAMIÑO”, para o que se solicita a participación dos residentes nas rúas do Barco polas que transcorre o Camiño de Inverno. Poranse a disposición dos habitantes desas rúas, que teñan balconadas ou terrazas apropiadas, un total de 1.000 unidades de flores para axudar a engalanar os edificios situados no Camiño.
Os interesados terán que solicitar a súa participación no proxecto por medio dun impreso que estará a disposición de todos os interesados, entre o 3 e o 14 de maio, na planta baixa do Edificio Multiusos, ou na web do Concello do Barco, no enlace: https://www.concellodobarco.gal/fileadmin/turismo/proyecto_flores.pdf
Os participantes poderán elixir entre varias clases de plantas: surfinia, petunia, xeranio, verbena e conchita.
O Concello encargarse de entregar as flores, cun máximo de 6 unidades por residente e ata completar existencias, nos domicilios dos participantes, que só terán que se comprometer a completar con flores propias o total das súas balconadas ou terrazas.