PREMIOS MUJER 2024

O Barco conmemora o Día 8 de marzo con cine e teatro, e sen concentracións cidadás

Serie de actividades para conmemorar o Día da Muller, o 8 de marzo, entre as que non están nesta ocasión nin concentracións, nin manifestacións, nin convocatorias públicas, por mor da situación sanitaria

O Concello convida aos veciños a celebrar o día 8 nos seus centros de traballo, asociacións e institutos e escolas, sempre cumprindo coas normas de protección sanitaria establecidas polas autoridades competentes.

A programación do 8 de marzo é a seguinte:

Do 4 ao 28 de marzo

-Ciclo de cine “MULLERES NO CINE”: Coa colaboración do Cineclube Groucho Marx.

Xoves 4 e domingo 7 de marzo: Una pastelería en Nothing Hill

Xoves 11 e domingo 14 de marzo: Madame Curie

Xoves 18 e domingo 21 de marzo: El arte de volver

Xoves 25 e domingo 28 de marzo: Manual de la buena esposa

Venres 5 de marzo

-Representación teatral: “Crónica dunha heterosexual insatisfeita” Dirección: Mª Ángeles Iglesias .Vervederas Expresiones Artísticas. Coproducción do Centro Dramático Galego.

Posteriormente manterase un breve faladoiro entre as asistentes

Entrada con invitación. (Poderán recollerse no Concello Vello, entre as 14-15 horas, dende o 1 ao 4 de marzo). Ata completar aforo.

As actividades de cine e teatro celebraranse cumprindo de xeito estrito a normativa Covid, vixente en cada data e co aforo autorizado, o 30 por cento, o que supón un máximo de 70 prazas no Teatro Lauro Olmo, tanto para o cine como para o teatro.

Luns 8 de marzo:

Lectura dun manifesto institucional na Praza do Concello con motivo do día da Muller, ás 12h. Non se convoca aos veciños para reunirse ou manifestarse co fin de garantir a seguridade sanitaria.