O Museo Yosso, situado no concello do Bolo, celébrase o sábado 18 de maio os seus dous anos de traxectoria cultural cun evento especial: a presentación dun libro póstumo do recoñecido pintor e escritor Xosé de Valbuxán, tamén coñecido como Yosso.
O libro, titulado Monforte 1951-52, é o derradeiro traballo do autor, que faleceu o 31 de agosto de 2021. Nel, Yosso narra historias do tempo que pasou estudando no colexio dos Escolapios de Monforte de Lemos, coincidindo co 150 aniversario da chegada da Orde Escolapia a esta localidade.
No evento de presentación, que terá lugar no Museo Yosso, participarán destacadas figuras como Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses, o xornalista José Manuel Rubín, amigo persoal do poeta e pintor de Valbuxán, e o historiador Isidro García Tato.
O acto, aberto ao público, será unha homenaxe ao legado de Yosso, con lectura de poesías e a oportunidade para que os asistentes reciten algún poema. Ademais, haberá visitas gratuítas ao museo e actuacións musicais.