A Praza do Concello do Barco albergará de novo este ano unha carpa na que se instalará o mercadiño de Nadal, que chega á súa décimo primeira edición, de xeito ininterrumpido. Artesáns e produtores agroalimentarios ocuparán os 20 postos disponibles nesta edición, na que tamén haberá talleres infantís e unha cata de viños de Valdeorras.
O ano pasado, no que se suspederon a meirande parte de actividades por mor da pandemia, o mercadiño celebrouse nunha carpa cos laterais abertos para garantir a ventilización e adecuadas condicións sanitarias. Nesta ocasión a carpa terá as mesmas condicións, e baixo o seu teito instalaránse 20 postos, entre os que haberá artesáns, moitos deles con selo Artesanía de Galicia, e tamén produtores agroalimentarios. Entre eles, bicas, mel e viño,
A Feira abrirá os dous días indicados de 11.00 a 14.00 pola mañá, e de 16.30 a 20.30 horas, pola tarde. Nesta ocasión hai dúas novidades relevantes no programa: por un lado, talleres de coiro e de madeira para os nenos e, por outro, unha cata de viños de Valdeorras, que se celebrará o domingo, ás 12.30 horas, dirixida pola enóloga Cecilia Fernández. As inscripcións para a cata poden formalizarse na oficina de turismo do Barco.