Será o sábado 28 de decembro ás 20 horas cando Gargallada poña en escena “A ponte afogada”, peza construída a partir de “Polos camiños do Tempo” de Gustavo Docampo, con dirección de Pilar Alonso e Manuel Caramés e interpretada por Lalo Santos, Xosé Luís Conde, Manuel Caramés e Manuel González.
A continuación abrirase ao público a exposición que lembraba hai dez anos aquel suceso, acontecido o 27 de decembro de 1957, e do que se cumpren 60 anos.
“A ponte afogada”, fai referencia a construción daquela ponte símbolo de progreso que foi inaugurada, tras múltiples avatares, en 1902, así como do seu derrubamento logo das impresionantes cheas do río Sil no outono-inverno de 1959.
Na iluminación e o son estarán Jorge Álvarez e Vanesa Yáñez. O vídeo é obra de Anxo Santomil.
Gargallada Teatro ahégase con esta montaxe de teatro documental a un episodio local que impactou na vida da xente, facendo da linguaxe teatral un instrumento ao servizo da memoria colectiva.