A Festa do Botelo do Barco reuniu a 2.500 comensais

O invitado de honra este ano foi o Concello berciano de Bembibre, cuxo teniente de alcalde, Sigifredo Benavides, propuxo un hermanamento entre as dúas poboacións
O alcalde do Barco, Alfredo García (d) e o teniente de alcalde de Bembibre, Sigifredo Benavides, na Festa do Botelo do Barco
O alcalde do Barco, Alfredo García (d) e o teniente de alcalde de Bembibre, Sigifredo Benavides, na Festa do Botelo do Barco. / Concello do Barco

A Festa do Botelo do Barco de Valdeorras reuniu este ano a máis de 1.300 comensais no Pavillón Polideportivo de Calabagueiros, onde se celebrou o xantar oficial desta festa, e en torno a outros 1.200 comensais fixeron reservas nos restaurantes para degustar o botelo e o cocido valdeorrés, dentro das Xornadas Gastronómicas que se celebran esta fin de semana e a próxima no Concello do Barco. O invitado de honra este ano foi o Concello berciano de Bembibre, cuxo teniente de alcalde, Sigifredo Benavides, propuxo un hermanamento entre as dúas poboacións, unidas por un embutido similar –en Bembibre celebran o Festival Nacional de Exaltación del Botillo–.

Os actos desta XXII edición da Festa do Botelo comezaron as 12 da mañá no Teatro Lauro Olmo coa homenaxe á cociñeira Concepción Moral, que traballou durante moitos anos na cociña do mítico Mesón JR, moi coñecido en toda a comarca polas excelentes tapas que tiña na carta. O Mesón JR era un negocio familiar no que tamén traballaba o seu marido, José Arias Arias (coñecido como Pepe o do JR por toda a veciñanza), cuxa personalidade foi tamén moi lembrada ao longo do acto de homenaxe.

O debuxante Xosé Lois González Vázquez, ‘Carrabouxo’, deu lectura ao pregón, no que lembrou as súas experiencias no Barco, cando era mozo, e tamén a súa relación co Mesón JR, a cuxo propietario dibuxou unha viñeta hai anos. “É bo telo”, foi fa frase central do seu pregón, no que, con este xogo de palabras, destacou todo o bo do Barco e da Festa: o río Sil, as paisaxes, os viños e, por suposto, “o botelo, que é bo telo”. A filla de Pepe e Conchi, Marta Arias, falou en nome da familia para dar a grazas pola homenaxe e recordar ao su pai, que lamentablemente xa non pode gozar deste día.

Presentado pola actriz Fátima Delgado, o acto contou tamén coa actuación do Orfeón Valdeorrés, que entre outras pezas interpretou a Canción do Botelo, e escenificou a entrada do botelo no Teatro Lauro Olmo, así como unha peza, A borracha que levantou as risas de todos os asistentes.

A partir das 14.30 horas celebrouse o xantar popular no pavillón de Calabagueiros co habitual menú de botelo, acompañado de chourizos, patacas e repolo. Servíronse, en total, 900 quilos de botelo, 150 de chourizos, 300 de patacas e 350 de verdura. Todo, regado con 600 botellas de viño tinto do Barco e, de sobremesa, 60 tortas de roxóns e 80 bicas.

O xantar contou coa animación musical dos grupos que, pola tarde, se encargarán de continuar cos xa tradicionais cantos de taberna polos bares da localidade. Estes cantos de taberna celebraranse entre as 19 e as 22.30 horas, coa participación de media ducia de grupos en nove establecementos.

A actuación de Amancio Prada o domingo no Teatro Lauro Olmo puso o punto e final a esta XXII edición da Festa do Botelo.

O debuxante Xosé Lois González Vázquez, 'Carrabouxo', deu lectura ao pregón da Festa do Botelo do Barco
O debuxante Xosé Lois González Vázquez, ‘Carrabouxo’, deu lectura ao pregón da Festa do Botelo do Barco. / Concello do Barco
Actuación do Orfeón Valdeorrés na Festa do Botelo do Barco
Actuación do Orfeón Valdeorrés na Festa do Botelo do Barco. / Concello do Barco

Un comentario en “A Festa do Botelo do Barco reuniu a 2.500 comensais

Los comentarios están cerrados.