PREMIOS MUJER 2024

Examen de competencias dixitais da Xunta na aula Cemit do Barco

O DOG nº 194 do 10 de outubro publica a orde pola que se convocan as probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática
Ordenadores en un aula / EBD

Tamén se publica a listaxe de centros da rede CeMIT e horarios de realización de ditas probas, que no caso do Barco terán lugar o 14 de novembro, ás 10,00 horas, na Aula Cemit, ubicada no segundo andar do Edificio Mutiusos.

As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través de internet na páxina web de CeMIT cemit.xunta.gal. e, tal e como se recolle na base 4, poderán escoller unha única localidade, día e hora, sendo excluídos os que seleccionen máis dunha opción.

Unha vez remate o prazo de preinscrición (o último día será o xoves, 18 de outubro inclusive), realizarase o sorteo público de extracción das letras para obter a orde de prelación por apelidos das persoas con dereito á matriculación. O resultado publicarase na web da rede CeMIT para a súa consulta pública (https://cemit.xunta.gal), e as persoas seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico coas instrucións para realizar o pagamento ou remitir a xustificación da súa exención.