PREMIOS MUJER 2024

Douscentros trinta alumnos de institutos de Valdeorras, Quiroga e O Bierzo asisten á presentación de ‘Language Planning’

Un espectáculo de Os Quinquilláns, producido pola Editorial Galaxia, que será interpretado por Tero Rodríguez e Lucho Penabade

Douscentros trinta alumnos de institutos de Valdeorras, Quiroga e O Bierzo asistirán hoxe, 28 de xaneiro, á representación de ‘Language Planning’, un espectáculo de Os Quinquilláns, producido pola Editorial Galaxia, que será interpretado por Tero Rodríguez e Lucho Penabade.

Os centros que van acudir á única función programada, son os IES Martaguisela, do Barco, o Cosme López, da Rúa, o IES de Quiroga, o IES de Cacabelos e os IES Europa e Virgen de la Encina de Ponferrada.

Dous membros da LP, Language Planning, acaban de chegar a terras galegas coa finalidade de impoñer unha solución definitiva á problemática lingüística. Montaxe teatral de carácter cómico e retranqueiro a partir de diferentes investigacións sociolingüísticas e de relatos de Made in Galiza de Sechu Sende.