PREMIOS MUJER 2024

Camiñada cultural en Trives polos Sequeiros e a Ponte Navea

A saída será ás 9h30 da aldea de Pena Folenche e regreso ao mesmo punto cara as 13h30. Serán uns 6 qm. fáciles de andar e de grande interese paisaxístico e patrimonial

A cultura ancestral arredor do aproveitamento da castaña ten nos sequeiros unha das súas mellores expresións. Pena Folenche, próxima a Pobra de Trives, reúne un dos mellores conxuntos desta singular construción. Ao deixar atrás as últimas casas da aldea contémplase unha fermosa paraxe, coas fragas dos ríos Navea e Bibei no horizonte. Os Sequeiros remóntanse a épocas pasadas, xa que eran os lugares onde se secaban as castañas. Creouse unha aldea para estas tarefas onde a xente permanecía longas tempadas durante as labores de recollida e secado das castañas nos meses de outono.

Por entre os soutos e os sequeiros chegaremos á ponte do Navea, unha obra medieval sobre unha anterior romana, no paso da Vía Nova que unía Braga e Astorga.

O roteiro é circular e será guiado por persoal da Oficina de Turismo do Concello de Trives, tamén contará coas explicacións do arqueólogo Santiago Ferrer, especialista na romanización.

Como en todas as Camiñadas culturais non é preciso inscribirse, é unha actividade gratuita, pode participar calquera persoa que queira estando puntual no punto de partida, os menores deberán ir acompañados e cada quen chega ao punto de partida polos seus propios medios.