PREMIOS MUJER 2024

Aberto o prazo de suxestións para a humanización da travesía do Barco

Este proxecto, cun custo que podería roldar os 5 millóns de euros, afectará ao tramo da estrada N-536 entre a zona industrial de A Proba e a ITV
Proyecto de humanización de la travesía de O Barco de Valdeorras
Proyecto de humanización de la travesía de O Barco de Valdeorras. / Concello do Barco

O Concello do Barco presenta á cidadanía o estudo para a humanización da travesía do Barco, de cuxa redacción definitiva e posterior execución encargarase o Ministerio de Transportes. Este proxecto, cun custo que podería roldar os 5 millóns de euros, afectará ao tramo da estrada N-536 entre a zona industrial de A Proba e a ITV do Barco. Será un dos proxectos propostos polo goberno central para recibir financiación de fondos europeos.

Trátase dunha obra cuxa execución non será inmediata, senón que poderá ser unha realidade unha vez finalicen os traballos da circunvalación do Barco, que eliminará o tráfico pesado polo centro da vila. Será entón cando a actual travesía (que nestes momentos é unha estrada nacional), poderá converterse nun amplo paseo con grandes beirarrúas e zonas de lecer.

Ao concello interésalle coñecer a opinión da veciñanza sobre este estudo, polo que, desde o 16 de marzo ata o día 10 de abril, poderá consultarse na sede electrónica do Concello do Barco, na que todos os interesados poderán presentar as suxestións que consideren oportunas a través do rexistro do Concello (tanto presencialmente como de xeito telemático), na dirección de correo electrónico concello@concellodobarco.org, ou na páxina web do concello.

Proyecto de humanización de la travesía de O Barco de Valdeorras
Proyecto de humanización de la travesía de O Barco de Valdeorras. / Concello do Barco

Un comentario en “Aberto o prazo de suxestións para a humanización da travesía do Barco

  1. Vexo arboreda nunha das beiras da avenida.Penso que serían necesarias máis árbores en ámbalas dúas bandas, pola calor que durante algúns meses impide camiñar por aquí.

Los comentarios están cerrados.