PREMIOS MUJER 2024

Aberto o prazo para a solicitude das tarxetas “Máis Barco”

Emitiránse 5.000 tarxetas, cada unha delas cun saldo de 50 euros, dos que 20 serán aportados polo Concello

Este xoves abriuse o prazo de solicitude de tarxetas por parte da cidadanía, dentro da campaña de dinamización comercial e hostaleira “Máis Barco”, impulsada polo Concello do Barco de Valdeorras. Todos os trámites poden facerse na páxina web do concello.

A campaña e posible grazas a un convenio firmado entre o Concello e a Asociación Empresarial de Valdeorras e que supón unha apartación municipal de 115.000 euros. O obxectivo é que, por mor desta campaña, o comercio ingrese 250.000 euros.

O prazo para formalizar as solicitudes da tarxetas por parte dos veciños será desde o 7 e ata o 22 de xaneiro, ambos inclusive, a súa entrega realizarase entre o 15 de xaneiro e o 1 de febrero, e poderán ser utilizadas ata o 31 de marzo.

En total, emitiránse 5.000 tarxetas, cada unha delas cun saldo de 50 euros, dos que 20 serán aportados polo Concello. Estas tarxetas poderán utilizarse exclusivamente nos establecementos do Barco adheridos á campaña. Durante o prazo establecido para a adhesión de comercios e hostaleiros, máis de 100 se sumaron á campaña.  Todos eles terán un cartel identificador na súa porta, e tamén hai una lista a disposición da veciñanza.