Hoxe comeza o prazo para a solicitude de segundas tarxetas por parte de persoas que xa pediron unha durante o prazo ordinario.
Este é o calendario final da campaña da tarxeta Máis Barco.
Martes 9 de febreiro ás 13:00 horas: apertura dun novo prazo de solicitude que inclúe a posibilidade de solicitar unha segunda tarxeta aos que xa recolleran a primeira.
Sábado 13 de febreiro ás 24:00 horas: Fin do prazo de solicitude de tarxetas máis Barco. Non haberá máis prórrogas.
Luns 22 febreiro: último día de distribución e reparto de tarxetas máis Barco.
31 de marzo : Derradeiro día de uso da tarxeta Máis Barco.
A día de hoxe están solicitadas e autorizadas case que 3.000 tarxetas, polo que aínda quedan da orde de 2.000.